¡FESTA DO ENTROIDO!

Bos días familias!

Este ano temos a nosa FESTA DO ENTROIDO o próximo sábado 15 de febreiro de 17:00 a 20:00 na Casa da cultura de San Miguel de Deiro.

É imprescindible que os nenos veñan acompañados de adultos pois gustaríanos que as festas que organiza a ANPA sirvan para ter momentos onde poder crear comunidade, ligazóns entre as familias e, porque non, amizade. Vos animamos a que traiades un postre para degustar entre todos e de paso participar nun modesto concurso. Teremos música, xogos, desfile para os máis valentes e pintura de cara.
Adultos, vinde disfrazados que tamén haberá premio para vos! 😜
Agora só falta que participedes.

¡Cantos máis sexamos máis diversión!